Amplíase o prazo de inscrición para os cursos de adestradores de baloncesto de 1 e 2 nivel

A Escola Galega de Adestradores de Baloncesto amplía o prazo de inscrición para os seus Cursos de Nivel 1 e Nivel 2 na esta temporada 2009 - 2010. Esta marxe de tempo, nun inicio prevista para o 1 de abril, esténdese agora ata o vindeiro 15 de maio.

Maior acceso á inscrición

Esta oportunidade formativa da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto non abre tan só o seu prazo para a inscrición senón que tamén permitirá, como novidade nesta tempada, que os adestradores que están a realizar as súas prácticas de formación do curso de Nivel 1 se inscriban e realicen neste mesmo mes de xullo o Curso de Segundo Nivel.

Esta posibilidade de acceder á matrícula no nivel 2 non implicará directamente a obtención do Título do Nivel 1. A realización completa das horas de formación continua e dos complementos coa Federación seguirá sendo requisito indispensable para a obtención deste.

Nova sede para os cursos
Por último e tamén como novidade, a Escola Galega de Adestradores quere comunicar un cambio de sede para esta edición 09/10 dos Cursos de Primeiro e Segundo Nivel. Deste xeito, e por primeira vez na súa historia, esta etapa de formación trasládase a vila de NOIA. As ofertas de aloxamento así como a sede das aulas de cada curso comunicaranse a través da páxina web da Federación e vía correo electrónico a todos os alumnos inscritos.