Quinto partido oficial esta tempada entre o Aldasa Amfiv e o Grupo Norte coa disputa da final da "Willi"

envo2006O encontro deste domingo (12:15 horas, pavillón da Ecole Champs-Fréchets) polo título da Willi Brinkmann 2010 será o quinto partido oficial esta tempada entre o Aldasa Amfiv vigués e o Fundación Grupo Norte de Valladolid.

Os galegos xogaron xa os dous partidos de Liga, con derrota en Valladolid (84-74) e vitoria en Bouzas (77-70). En cuartos de final da Copa do Rei, o conxunto castelán gañou por 84-74. Este venres, na primeira xornada da "Willi", os valisoletanos volveron gañar (65-72). No entanto, unha final nada ten que ver con calquera outro partido.Na Brinkmann, o Amfiv gañou ao Grupo Norte en Vigo 2006 na fase clasificatoria (68-48) e en semifinais da WBC 2008 (71-31).

Dáse a circunstancia de que sete xogadores do Amfiv 2009/2010 xa estaban no equipo cando a final de 2006 nas Travesas: Xullo Vilas, David Mouriz, Vicky Alonso, Lorenzo Envó, Alberto Abalde, Moncho Pombo e Santi Comesaña.