Apoia ao deporte vigués e gaña unha viaxe ao Caribe!

rifawebXa están dispoñibles na Fundación VIDE un total de 50.000 boletos para o sorteo dunha viaxe ao Caribe para 2 persoas grazas unha vez mais á colaboración de Viaxes Eroski coa Fundación.

A promoción está aberta ata o 17 de febreiro de 2011. O donativo a cobrar por cada boleto é de 1 euro e entendemos que o premio, unha semana no Caribe, é suficientemente atractivo como para que funcione. O diñeiro recadado irá íntegro aos clubs que vendan as rifas, é dicir, que cantos máis números venda unha entidade deportiva nos vindeiros catro meses, máis diñeiro ingresará por este concepto.

Con esta iniciativa a Fundación VIDE pon a disposición dos clubs unha ferramenta que lles permitirá recadar ata 50.000 €.

As rifas repartiranse entre os clubs na cantidade que desexen sen máis límite que a cordura, e para evitar o extravío “voluntario ou involuntario” das rifas non vendidas, unha semana antes do sorteo os clubs deberán entregar á Fundación un 20% do importe recadado en concepto de depósito, xunto coas rifas non vendidas.

O persoal da Fundación VIDE e directivos dos clubs non poderán beneficiarse do premio. O sorteo celebrarase o 24 de febreiro do 2011.

BASES (417.52 kB)