VIDE apoia ao deporte local con "flyers" e dípticos nos partidos para @s siareir@s

Por vez primeira, a Fundación VIDE estivo presente esta fin de semana en tres partidos case ao tempo. Os pavillóns de Bouzas (Aldasa Amfiv-Fuhnpaiin), Coia (C.V. Vigo-Palma) e Lavadores (Las Cinco Jotas-Magope Seis do Nadal) contaron cunha nova iniciativa de Vigo en Deporte.

Os clubs locais tiveron apoio loxístico en forma de entrega de "flyers" e dípticos ao público que conteñen información dos partidos a xogarse neses pavillóns e de vindeiros encontros dos equipos de elite. Unha medida moi ben acollida polos afeccionados, que esgotaron toda a información entregada. "Flyers" e dípticos pretenden ofrecer unha información directa sobre equipos locais e os seus rivais para un mellor seguimento dos encontros por parte d@s Siareir@s.

Os voluntarios de VIDE, sen os que é imposible este esforzo, acudirán esta próxima semana a tres encontros máis: Celta Indepo-Sóller (baloncesto), Vigo Stick-Arenys de Munt (hóckey a patíns) e El Olivo Caixanova-Nuestra Señora de Belén fútbol).