Vitoria do Olivo Caixanova nun bo partido en casa

Bo partido do Olivo Caixanova na casa que está demostrando que na súa casa vai ser moi difícil que deixe escapar puntos. Sólida defensa, e un moi ben estruturado medio campo, fan deste equipo un sólido conxunto.

Empezaba a Olivo moi metido ao partido sabendo que o seu obxectivo é seguir conseguindo os 3 puntos xornada a xornada. Moi seguro Marta en todo o partido dando consistencia á liña defensiva. Poucas oportunidades nesta primeira parte onde o traballo físico foi o grande destacado.

A segunda parte parecía transcorrer polos mesmos rumbos pero un balón solto a 10 metros da área era golpeado con rabia por Albita colándose o balón pola mismísima escuadra da portería visitante. Non transcorrera un minuto cando Cris tras recoller un balón en medio campo avanzou e despois de sortear canto rival lle saía ao paso saco un tiro seco ao segundo pau no que a porteira non puido facer nada. Pasaban os minutos e o Olivo-Caixanova asentaba o seu xogo. Así unha internada por banda de Anair era rematada a pracer por Ana Buceta subindo o 3-0 ao marcador. E xa cando o partido tocaba ao seu fin, Ana Buceta pecharía o marcador tras rematar un tiro de Anair que a porteira rexeitaba.

Destacar no partido a boa actuación de Marta e de Carlota que por terceiro partido consecutivo deixa o seu portería a 0.

OLIVO CAIXANOVA 4
PONFERRADA 100 0

Olivo Caixanova: Carlota, Cris, Marta, Albita (Min. 72 Anair), Vicky (Min. 46 Lotty), Cuchi, Susi (Min. 36 Lucia), Sara, Ana Buceta, Anita, e Clo.
Ponferrada 100: Ronsel, Raisa, Sasquia, Maidely, Jennifer, Noelia, Maria, Nuria, Alejandra (Min 58 Luisa), Laura e Cristina (Min 68 Myriam)
Árbitro: Ruben Domínguez
Auxiliares: Santiago Campelos e Iago Moreno
Amoestacións: Polas locais amoesto a Cris. Polas visitantes amoesto a Jennifer e Raisa
Goles: min 64 1-0 Alba 2-0, min 65 Cris 1-2, min 82 Ana Buceta, 4-0 min 89 Ana Buceta