7º Campus de baloncesto organizado polo Baloncesto Seis do Nadal-Coia

campus2010dia5_01Durante a semana do 11 ao 17 de xullo do 2011 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o 7º Campus de Balonecsto 2011 organizado un ano máis polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

Este campus ofrecerá, por sétimo ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento, que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

As xornadas se desenvolverán na Cidade Universitaria de Vigo entre as 10:00 horas e as 19:30 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural.

Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

Fai a túa inscrición

Para formalizar a inscrición do campus é necesario enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do xoves 7 de xullo do 2011 a través do número de fax 986227275 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  Folla de inscrición (448.52 kB)