O Academia Octavio busca a súa quinta vitoria da historia fronte ao Barça nas Travesas

edumoledoO Academia Octavio é o protagonista absoluto da campaña desta semana da Fundación VIDE. Baixo o título "Paixón polo balonmán", a publicidade anuncia o encontro Octavio-Barcelona deste mércores.

Porque hoxe recibe o sete académico ao FC Barcelona Intersport en partido da Liga Asobal (20:30 horas, As Travesas). O conxunto vigués, que está realizando unha gran primeira volta no seu regreso á máxima categoría, recibe ao equipo azulgrana, colíder do campionato e vixente campión de Europa.

 Con todo, os de Pasqui, exporteiro do Octavio, non teñen boa lembranza das súas últimas visitas ao Central: en 2010 perderon en Vigo a final da Copa Asobal (contra Cidade Real) e este ano caeron en semifinais da Copa do Rei no mesmo escenario (ante o Valladolid).

O prezo das entradas, 20 euros senior e 5 euros os junior (menores de 16 anos). Cabe suliñar que as e os siareiros entran ao partido de balde.

Juan Luis foi o adestrador co que o Vulcano derrotou ao Barça en 1970. Juan Luis de novo (1977), Javier Barrios (1997), Fran Teixeira (2000) e Quique Domínguez (2004), os técnicos que co Octavio derrotaron ao conxunto catalán no pavillón vigués.

 Histórico no Barça nas Travesas diante do Vulcano e o Octavio (119.83 kB)