As seleccións de taekwondo xa están en Vigo

taekwondo• A pesaxe e o sorteo dos combates terá lugar hoxe á tarde no hotel Coia.

A chegada das seleccións participantes no Campionato Europeo Sub 21 foi constante durante o día de onte, completando xa a trintena de delegacións presentes na nosa cidade.  A xornada, protagonizada polas ringleiras de membros de delegacións na zona de acreditacións (sita no Pavillón das Travesas), supuxo tamén que puidésemos ver os primeiros adestramentos libres da selección turca, sueca, alemá e polaca.

Hoxe darán comezo as sesións de adestramentos oficiais e terá lugar o sorteo da competición a partir das 17.00 horas no hotel Coia. 

As categorías cuxa competición terá lugar o venres (feminina -43, -47 e +72 e masculina -50, -54 e +84) realizarán a súa pesaxe hoxe a partir das catro da tarde no mesmo Hotel Coia.

 Horarios de adestramento (15.13 kB)