O Celta Indepo remata sexto a Liga e obtén praza para a Eurocup por vez primeira dende hai cinco anos

miguelO Celta Indepo rematou a Liga Feminina en sexto lugar, empatado a puntos co quinto clasificado ao perder na xornada final na pista do Olesa Espanyol por 83-74. E poderá xogar en Europa a tempada 2010/2011.

As celestes perderon a oportunidade de terminar en cuarto lugar (era o único equipo que dependía de si mesmo), o que as levou a xogar as semifinais polo título ante o Ros Casares. O Mann Zaragoza impúxose a La Seu (76-71) e superou ás de Miguel Méndez.

Con todo, a tempada céltica foi fantástica: hai cinco anos que as galegas non obtiñan praza para as competicións europeas, o que agora lograron coa súa sexta posición final. Dende que o Club Deportivo Bosco acadou a máxima categoría feminina en 1996, oito foran as oportunidades anteriores en que obtiveron praza continental, pero só nunha delas, no ano 1999, inscribiuse o equipo nas copas de Europa para xogar a Euroliga. Agora ten praza para a Eurocup, o segundo torneo feminino da FIBA.