Partido suspendido do Aldasa Amfiv

amfivcelebracioncopawilli20O Aldasa Amfiv non puido disputar o seu encontro ante o Econy Gran Canaria previsto para a tarde do pasado sábado en Bouzas (18.30 horas) ao non poder desprazarse nin os insulares nin os colexiados a Vigo ao encontrarse pechado o aeroporto de Peinador pola nube de cinzas volcánica.

O Aldasa, malia non disputar o encontro, acudiu igualmente ao pavillón de Bouzas onde recibiu unha pequena homenaxe a cargo da Deputación de Pontevedra polo seu brillante subcampionato europeo na Copa Willi Brinkmann, un acto que se ía celebrar nos prolegómenos do choque e tivo lugar igualmente aínda que o partido non se celebrou.