O Ednon Universidade Vigo Rugby pasa á final da Copa Xunta

O conxunto de Ednon Universidade Vigo R.C., venceu a C.R. Lalín por 33 a 0 logrando o pase á final da Copa Xunta.

Nun encontro, onde a chuvia, a néboa e o frío foron os protagonistas, o conxunto local foi superior a pesar de non mostrar un bo xogo.

No inicio do partido, Vigo saíu a buscar o triunfo e en apenas 3 minutos, logrou pasar á fronte no marcador. José María Fernández capitalizou unha boa manobra de esquerda a dereita para conseguir o primeiro ensaio do encontro. Logo deste, o capitán do conxunto local, saíu lesionado produto dun golpe nas costas.

Minutos máis tarde, Mariano Berlande ampliou o resultado co seu primeiro ensaio, o cal foi transformado por Mauro Álvarez.

AOS 12 minutos, Álvarez conseguiu 3 puntos máis, ao transformar un golpe de castigo deixando o partido 15 a 0 a favor dos locais.

A pesar do resultado, Vigo non conseguiu mostrar un bo xogo. Con moitos erros propios e pouca orde, permitiu que Lalín pasase a controlar o balón e por momentos o xogo.

Utilizando a súa mellor arma, os dianteiros, Lalín foi ensuciando o xogo sen que Vigo poida recuperarse e volver marcar.

Recén aos 30 minutos, Mauro Álvarez conseguiu unha nova anotación para o conxunto de Babini, ao transformar un novo golpe de castigo.
Sobre o final, Álvarez deixou o encontro 21 a 0 con outra trasformación por golpe de castigo.

No complemento, os tres cuartos locais pasaron a ter algo máis de protagonismo, pero os fallos nos pases, non permitiron conseguir mellor xogo. Javier Parga logrou un novo ensaio, logo dunha boa manobra individual, eludindo varios rivais. Álvarez non fallou e deixou a Vigo en 28.

Sobre o final, Mariano Berlande conseguiu o seu segundo ensaio ao aproveitar un golpe de castigo a 5 metros.
Con esta vitoria por 33 a 0, o conxunto local xogará a final da Copa Xunta a disputarse o 22 de Maio no estadio de Lalín ante CRAT.

EDNON UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Nicolás Martínez, Vicente Prieto, Ignacio Román; José María Fernández, Ignacio Lobón; Fernando Millara, Nicolás Gómez e Mariano Berlande; Alberto Mera, Joaquín Maguna Lago, Gonzalo Valencia, Javier Parga, Jon Arrizagalaba, Carlos De Cabo e Mauro Álvarez.
Ingresaron: Anxo Varela, Juan Rodríguez e Juan Villar.
Non ingreso: Carlos López Marqués.
Adestrador: Aníbal Babini.

C.R.LALIN: Santiago Castro, Santiago Martínez, Javier Eiras; Daniel Fuentes, Jacobo Sueiro; Mario Pazos, Oscar Lalín e Juan Folla; Celso González, Oscar González, Alberto López, Herminio Medela, Alejandro Díaz, Fernando Javier e Agustín Crespo.
Ingresou: Manuel Soengas.
Non ingresou: Jesús Blanco.
Adestrador: Santiago Martínez.
Puntos: 3 min. ensaio José María Fernández (V), 8 min. ensaio Mariano Berlande transformado por Mauro Álvarez (V), 15 min. transformación por golpe de castigo Mauro Álvarez (V), 30 min. transformación por golpe de castigo Mauro Álvarez (V), 35 min. transformación por golpe de castigo Mauro Álvarez (V), 48 min. ensaio Javier Parga transformado por Mauro Álvarez (V), 75 min. ensaio Mariano Berlande (V).
Tarxetas: Amarela: Oscar González (L)

Cancha: Lagoas Marcosende (CUVI).
Arbitro: Juan Tirso.