A taekwondista Andrea Rica, bolseira VIDE, quedouse ás portas dunha medalla nos Europeos senior

ricaA viguesa Andrea Rica (Ximnasio Tao Clínica Luis Vilas), bolseira VIDE este ano, quedouse ás portas de loitar polas medallas nos Campionatos de Europa sénior de taekwondo ao perder no terceiro combate contra a ucraína Yuliua Podolian, de pernas moi longas.

Rica Taboada (Vigo, 1984) comezou firme a súa participación nestes Europeos de San Petersburgo, en -57 quilogramos, fronte á representante de Gran Bretaña Carla Summerhill, a quen gañou cun cómodo 6-3.
Na seguinte rolda veuse as caras coa representante de Polonia, Aleksandra Uscinska, que pasou directamente a estes oitavos de final. Rica superouna tamén con relativa facilidade (7-4).

Pero para loitar polas medallas a galega tiña que pasar un último chanzo e era fronte a ucraína Yuliua Podolian. E foi un combate moi igualado que finalizou con empate (4-4) e tivo que decidirse no punto de ouro, que nesta ocasión favoreceu a Podolian. Non puido ser e a viguesa quedou sen a posibilidade de pelexar por un metal.

É como se os Europeos foran gafes para Andrea. En Bonn 2006 conqueriu un bronce, por nada en Roma 2008. Porén, nos Mundiais a viguesa afíxonos a chegar ás semifinais e gañar alomenos o bronce (Beijing 2007 e Copenhague 2009), mesmo na Universiada de Izmir no 2005 (prata).

Tampouco tivo sorte Rebeca Mariño (Natural Sport, -53 quilogramos), xa que na primeira rolda tivo unha rival de grande entidade, a británica Jade Jones, que ven de proclamarse subcampioa mundial júnior no mes de marzo e amosou un gran nivel fronte á nosa representante (3-9), que tamén o é da Universidade de Vigo.