Soledad Castro, matemática campioa do Circuíto Cidade de Vigo promesa-senior; emoción noutras categorías

Soledad Castro, do Comesaña Sporting Club, é xa a virtual gañadora do II Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares. Castro, que non competiu este pasado domingo na V Subida ao Castro, avantaxa á súa máis directa perseguidora, a céltica Sara Pérez, en 50 puntos, polo que a diferenza é inalcanzable.

María del Rosario Figueroa (Corredoiras Bueu), segunda ata a carreira dominical, non participou na Subida e tamén quedou matematicamente sen opción ao triunfo absoluto.

En categoría masculina (Promesa-senior) a pugna está máis igualada, dado que o líder é Rubén Castro (Alejandro Gómez New Balance), pero matematicamente teñen posibilidades o marroquino Akka Essaadaqui e Juan Pablo Fernández (Gimnástica de Pontevedra).

Na Carreira do Pavo, este domingo, resolveranse as incógnitas. Na categoría M50 está resuelto o campión, Eloy García, pero non os outros postos do podio, mentres que en M35, onde figuran inscritos case a metade do total de participantes no circuíto, Rafael Fuentes (Gimnástica de Pontevedra) e o olímpico Alejandro Gómez xóganse a vitoria final.

Clasificacións primeiros postos do Circuíto 2010 (1.34 MB)