I campus de verán de béisbol

O mércores 20 de Xullo inaugúrase o I Campus de verán Trasnos Béisbol Club Ciudad de Vigo, avalado pola Federación Galega de Béisbol e Sófbol (FEGABE). Este é o primeiro Campus integramente dedicado ao béisbol que se realiza en Vigo.

Trasnos Béisbol Club conta coa participación de Jason R. Friedman, pitcher do equipo FC Barcelona de Béisbol DH, actuais campións da Liga.

Outro convidado a este campus é Eric Paez, pitcher do equipo xuvenil do FCBarcelona e de la Selección Española Junior, que a pasada semana xogou o EuroBaseball Junior 2011 celebrado en Asturias.

O Campus está coordinado e dirixido por Fernando Rodríguez Villanueva, responsable deportivo de Trasnos BC e ex adestrador de categorías base no FC Barcelona de béisbol.

O campus ten unha duración de 5 días, do 20 ao 24 de Xullo e realizarase nas instalacións de ACEIMAR en Cabral.

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 646 930 986

 Folla de inscrición (916.42 kB)