O programa Siareiros Elite manterá os prezos da tempada pasada

fotofamiliasiareiros2011O programa Siareiros Elite, que continuará unha tempada máis, manterá como ocorre dende 2007 os prezos totalmente conxelados, sen subir nin o IPC.

A día de hoxe mantéñense no programa nove entidades deportivas de seis deportes (balonmán, baloncesto, voleibol, hóckey a patíns, fútbol e béisbol), cáese o fútbol sala (desapareceu o Coruxo) e o rugby (Vigo R.C.) está a sopesar a súa continuidade.

Así, fixos continúan Octavio, Lavadores e Seis do Nadal (balonmán), C.D. Bosco e Amfiv (baloncesto), C.V. Vigo e Xuvenil de Teis (voleibol), El Olivo (fútbol), Traviesas VSK (hóckey a patíns) e Halcones de Vigo (béisbol).

Os prezos continuarán intocables porque tanto os clubs como a Presidencia de VIDE, que recae no concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entenden que é o máis axeitado nestes tempos de crise económica.

Así, o Octavio xa iniciou a súa campaña de captación e outros equipos comezarana en vindeiras datas.

Por segundo ano consecutivo haberá ata doce tipos de abono de tempada, a fin de ser sensible coa demanda existente e co mayopr espectro posible de sectores (parad@s, pensionistas, universitari@s...). O abono máis elevado será de 150 euros e permite un máximo de cinco persoas da unidade familiar. O máis barato, de 15 euros, para a categoría infantil (ata 12 anos).Tamén, no pavillón das Travesas, sede do Octavio e do Celta Bosco, haberá a opción Palco VIP, como o ano pasado, para seguir os encontros dende esa posición.

Prezos 2012/2013

15 €. Infantil (ata 12 anos).
40 €. Xuvenil (ata 21 anos).
40 €. Universitario.
40 €. Xubilado.
40 €. Pensionista.
30 €. Pensionista (PNC).
50 €. Desempregado.
90 €. Familiar especial.
95 €. Individual senior.
150 €. Familiar.
300 €. Palco VIP (As Travesas).
500 €. Palco VIP dúo (As Travesas).

Para o carné familiar é necesaria a fotocopia do DNI dos titulares e o Libro de Familia.
Para o carné de desempregado é necesario que o/a traballador/a presente a cartilla do INEM actualizada.
Para o carné de Familiar Especial é necesario presentar a Declaración da Renda.

FICHA_INSCRICIÓN_Siareir@ 2012-2013 (299.19 kB)