Miguel Romero, bolseiro de VIDE en 2004 e 2006, campión de España absoluto de judo

miguel-romero--73-oroGran actuación de Galicia o fin de semana nos Campionatos de España absolutos, en Leganés (Madrid). A selección galega conqueriu catro metais (unha medalla de ouro, tres de bronce e dous quintos postos), un deles para Vigo grazas ao judoka Miguel Romero, do Vieirasa Famu vigués.

O Pavillón Europa de Leganés en Madrid foi o escenario da fase final absoluta masculina e feminina, á que acudiron os 16 mellores judokas de cada peso e categoría que se clasificaron nas respectivas fases de sector e para o que Galicia clasificara 25 judokas.

A selección galega a pesares da mocidade de moitos dos seus judokas, firmou unha gran actuación. O bombazo da xornada deuno o vigués Miguel Romero co seu triunfo na categoría de -73kilos fronte ao judoka valenciano David Paco. Para chegar á final o galego tivo que derrotar en oitavos de final ao representante aragonés, Roberto Marín, en cuartos ao judoka alacantino Iván Oviedo e en semifinais ao judoka de Madrid, Javier Ramirez.
Con esta medalla, Miguel Romero entra por dereito propio e con paso firme no circuíto internacional olímpico puntuable que comeza a partir do mes de abril e que se estenderá ao longo deste ano e do seguinte.

Miguel Romero gañou una bolsa de VIDE nos anos 2004 e 2006 pola súa traxectoria en 2003 e 2005.