1ª Liga interna de colexios Linco Linorsa XL 2010, nova iniciativa do C.BLC. Seis do Nadal

Como novidade nesta tempada o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co apoio do Instituto Municipal dos Deportes e Linorsa, organizará a Primeira Edición da Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa XL que terá lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos cada dous venres, desde febreiro ata maio, de 18:00 a 19:00 horas.

Nesta primeira edición da Liga LINCO - Linorsa XL 2010 participarán dúas Escolas Deportivas. A Escola Deportiva Municipal de Balaídos e o Colexio Montesol serán as dúas Escolas que estrearán esta novidosa competición dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos.

Esta iniciativa deportiva xorde co obxectivo de ofrecerlle unha experiencia competitiva a tódolos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que militan nas Escolas Deportivas organizadas e adestradas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

A Liga LINCO - Linorsa XL 2010 conta, ao igual que a 8ª Liga LINCO - Linorsa 2010, coa colaboración e respaldo constante de Agua de Mondariz, Dulcesol, Coca-Cola, Displave e Caixanova; e tamén ten o apoio e refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Federación Galega de Baloncesto.