Cabecera Vide

Canles de todo o mundo seguiron o CSI-W de Vigo

santiA Copa do Mundo exportou unha vez máis a imaxe de Vigo e do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) a todos os continentes. Ademais da cobertura en directo de Televisión de Galicia e, en internet, pola propia Federación Ecuestre Internacional (FEI) en formato de pago dende a súa propia web, nova experiencia este ano, foron numerosos os países que se fixeron cos dereitos de televisión da proba.

Fundamentalmente importante é a colocación das imaxes nas plataformas dixitais de Estados Unidos, Oriente e Asia, cun mercado potencial moi superior ao de Europa. A opción de diferidos, ademais, permitirá que en países estratéxicos sígase vendo a proba viguesa ata marzo.

 Cobertura TV (146.5 kB)