Dos membros do padroado de VIDE, nunhas charlas hoxe nas Xesuitinas

presentacionmemoria2008Dúas das entidades que compón o padroado da Fundación Vigo en Deporte, Concello e Caixanova, acoden hoxe mércores (19:30 horas) a unha mesa redonda no salón de actos do colexio Miralba (Xesuitinas).

O Club Deportivo Miralba organiza estas charlas sobre saúde e deporte e a Fundación VIDE, a través da súa directora xerente, Laura Magdalena, apoia este evento. "O colexio Miralba está plenamente integrado no programa “Aprende dos que máis saben”, no que os clubs de elite visitan centros educativos, e dentro das nosas posibilidades, queremos fomentar a práctica deportiva saudable”, explica a xerente.

Entre os relatores tamén figura Pilar Valero, capitá do Celta Indepo, e Elías Festa, médico responsable do Campionato do Mundo de hóckey a patíns, en Ifevi en xullo pasado.