Vitoria do Uvigo na derradeira xornada da Liga de xadrez e título en División de Honra e 1ª División

equipoxadrezabril2010O Universidade de Vigo proclámase, por terceiro ano consecutivo, Campión da Liga Galega de Xadrez na súa fase regular. Os universitarios asinan unha tempada cuns números de infarto, como demostran os 11 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Marcote A, actual subcampión de España, ou as porcentaxes acadadas polos seus xogadores, con 44 vitorias, 14 empates e tan só 8 derrotas, cunha media de 4,63 puntos por encontro.

 

Un ano máis, o capitán Pablo García, foi o que máis tantos se anotou durante a Liga Galega, con dez puntos en once xornadas. Destaca tamén a eficacia de Francisco Carrera, Roberto Páramos, Xaime García e Karen Zapata cun 100% de vitorias.

Competición:

Liga Galega de Xadrez. División de Honra.

11ª xornada. Universidade de Vigo, 4 - Karpov A, 2.

Máis información (575.01 kB)