Protagonismo de Rascado e Rica, bolseir@s de VIDE en taekwondo, no Open España , en Alicante

andrearica4VIDE tamén ten protagonismo no Open de España de taekwondo, en Alacante. Fernando Rascado, taekwondista universitario e compoñente do Tao Clínica Luís Vilas vigués, participa esta fin de semana no Open de España (sábado) e na Copa do Mundo Iberoamericano (domingo), en Alacante. Andrea Rica poderá "descansar".

Quen é unha das esperanzas para os Mundiais universitarios de Vigo (e tamén para os Europeos absolutos de San Petersburgo) tentará facer un bo papel en Superlixeiro, categoría na que é vixente prata tanto absoluta como universitaria nos Campionatos de España.

A outra bolseira de VIDE, Andrea Rica, tamén do Tao e pentacampioa estatal, non acudirá á cita: xa obtivo o seu pase para San Petersburgo 2010 (e non pode competir nos Mundiais universitarios) e a Federación Española de Taekwondo decidiu que o exame de Alacante é para pesos nos que aínda non está marcado o/a representante español(a).

Ademais, en Alacante terá lugar a entrega dos Premios Nacionais 2009, nas que Rica obtivo unha mención honorífica, aínda que non poderá recollela en persoa por exames.