O Travesas HC, campión do Torneo Internacional de hóckey patíns en Francia

vigo-stickO club vigués Traviesas HC conquistou a 37ª edición do prestixioso Torneo Internacional de hóckey a patíns, celebrado a pasada fin de semana, na localidade francesa de Tourcoing. Os vigueses xogaron unha intensa final fronte ao equipo anfitrión, cun abarrotado pavillón, nun partido moi igualado que finalmente se decantou pola escuadra olívica.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, felicitou ao club vigués polo éxito conseguido en tan prestixioso Torneo.