Cabecera Vide

Ricardo García gañou o sorteo da viaxe dunha semana ao Caribe

premiadoviajeseroskiRicardo García, un vigués que mercou dous boletos ao Arenas La Base de fútbol, foi o gañador da Viaxe ao Caribe, promoción realizada por Eroski Viaxes e a Fundación Vigo en Deporte.

Os clubs do Programa Siareiros, tanto de Elite como de Base, venderon case 30.000 rifas ao prezo de 1 euro (valor do donativo) durante catro meses, sendo o diñeiro recadado unha pequena axuda extra para as súas finanzas.

Tras non aparecer o gañador e o primeiro reserva nos prazos legais marcados polas bases do concurso, foi o boleto 40.151, segundo reserva, o definitivo gañador tras acreditar que posuía o boleto.

O afortunado acudiu ás oficinas de VIDE para a foto oficial, acompañado por Belén Suárez, responsable de zona Galicia Sur de Eroski Viaxes, e a directora-xerente de VIDE, Laura Magdalena.

Durante a tempada 2010/2011, VIDE promoveu o sorteo dun ciclomotor (doado por Movisa), de dúas cestas de Nadal (doadas polo Corte Inglés) e este sorteo, a fin de dinamizar na medida das súas posibilidades o programa Siareiros para clubs de elite e base.