Cabecera Vide

Comeza a Copa Vigo de fútbol, polo sistema de eliminatorias a partido único

copvigo2011A Copa Vigo ponse en marcha mañá mércores. Serán trece encontros para decidir o campión 2012 do torneo de fútbol máis antigo que se organiza na cidade.

Catorce equipos, sete de 2ª Autonómica e outros tantos de 3ª Autonómica, enfrontaranse a partido único en campo do club que o sorteo colocou como local, en lugar de no federativo de Coia. É a gran novidade desta edición e verdadeiramente promete emoción.

A final de Balaídos espera a metade de xuño. O Concello de Vigo patrocina este evento (o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, quere apoiar a competición). O torneo promete emoción con dúas cabezas de serie, Matamá e Coruxo B, subcampión e terceiro clasificado na Liga 2011/2012 en 2ª Autonómica, que entrarán en xogo en cuartos de final, o 6 de xuño. As semifinais terán lugar o 13 de xuño e a data definitiva do choque polo título decidirase nos vindeiros días.

Na primeira rolda de cruces, a eliminatoria Coya-Castrelos repite os cuartos de final da Copa de 2008, nos que o Coya venceu 1-0 pero foi eliminado por aliñación indebida; aquel ano, o Castrelos acabou platándose na finalísima e tivo que conformarse con ser segundo. O cruzamento Sampayo-Victoria viviuse en oitavos de 2009, con triunfo dos visitantes por 1-4.

Cinco dos oito campións da Copa Vigo no que vai de século están no cadro de 2012, non competindo nesta oportunidade o Sárdoma (gañador en 2006), Alerta Traviesas (2007-2008) e Rápido de Bouzas B (2009-2010), o que deixa ao Santa Mariña como o único participante con dous títulos neste novo século, en 2003 e 2004, e a posibilidade de lograr o “tri”.

Ademais, o sorteo do cadro deixa aberta a opción de que se repita a final de 2011 entre Victoria e Nieto, dous equipos de 2ª que van por partes ben distintas do cadro de eliminatorias. En 2007 e 2008 xa ocorreu isto, pero con Alerta Traviesas e Racing de Castrelos como protagonistas.

Cadro e normativa LXVII_Copa Vigo 2012 (102.62 kB)

PALMARÉS DA COPA VIGO NO SÉCULO XXI

Ano

Campión

Finalista

Res.

Campo

2001

San Esteban (*)

C.D. Nieto

3-3

Balaídos

2002

Racing Castrelos

San Esteban

2-1

Balaídos

2003

Santa Mariña

Rápido de Bouzas B

3-0

Balaídos

2004

Santa Mariña

Alerta Traviesas

2-1

Barreiro

2005

C.D. Nieto

Sárdoma

2-0

Balaídos

2006

Sárdoma

C.D. Teis

3-2

Barreiro

2007

Alerta Traviesas

Racing Castrelos

1-0

Balaídos

2008

Alerta Traviesas

Racing Castrelos

2-1

Balaídos

2009

Rápido de Bouzas B

Alerta Traviesas

3-2

Balaídos

2010

Rápido de Bouzas B

San Esteban

6-0

Balaídos

2011

Victoria

C.D. Nieto

2-1

Balaídos

(*) Vencedor na quenda de penaltis.