Cabecera Vide

Suspéndese a segunda xornada de Vigo en Xogo e convócase aos equipos o martes 16 a unha reunión

A Agrupación Deportiva Vigo, entidade organizadora das competicións de Vigo en Xogo, anuncia a suspensión da segunda xornada do campionato, prevista para a fin de semana do 20 e 21 de outubro e que afecta aos seus torneos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto.

Ao mesmo tempo, convócase aos equipos inscritos na tempada 2012/2013 a unha reunión na Casa do Deporte para tratar un problema xurdido co seguro deportivo.

A reunión terá lugar na Casa do Deporte (rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17), en Vigo, e prégase aos equipos que acudan, dada a importancia do asunto a tratar.

Por limitacións de aforamento, só admitirase un delegado responsable por equipo ou unha persoa na súa representación.

Os equipos de fútbol 7 están convocados ás 20:00 horas do vindeiro martes, 16 de outubro.

Os conxuntos de fútbol sala e baloncesto están chamados ás 21:00 horas dese mesmo día na Casa do Deporte.