O Olivo resárcese do empate en Burgos cunha manita ao Gijón

olivoPartido disputado nunha mañá soleada. O encontro comezou gardándose un minuto de silencio polo falecemento da avoa de Clo, xogadora olívica, e Pedro García, irmán de ésta e xogador do Celta "B". O cadro olívico saltaba ao sintético de Navia cun obxectivo claro, dominar o partido de principio a fin tanto en xogo coma no marcador.

E así foi, as pupilas de Edu González saíron en tromba e xa no primeiro minuto de xogo tiñan unha oportunidade aos pés de Loreto, no 6' subían o 1-0 ao electrónico do "Pahiño", un grande pase en profundidade de Cris a Lombi, ésta encara á porteira visitante, regatea e define con claridade. Era tal o dominio das viguesas que pouco despóis subiría o segundo, esta vez é Loreto a que lle dá o pase en profundidade a Lombi, centra buscando o primeiro pau onde Joana remata a primeira batendo novamente a Vanesa.

Cinco minutos mais tarde sentenciaría o Olivo, Cuchi realiza un cambio de orientación, Lombi controla o balón e dállo a Loreto para que remache a gol. A bancada gozaba e no 34' seria Alex a que subía o cuarto, saque de banda que executa Lotty para Loreto, ésta centra e Alex recorta a porteira e marca a porta baleira. Así se chegaría ao descanso.

Na segunda metade o cadro vigués baixou un pouco o ritmo pero seguiu buscando a portería rival, non sería ata o minuto 70 cando Alex de xogada individual tras pase de Loreto subía o quinto ao electrónico de Navia. O Olivo seguía manexando o ritmo de xogo e creando ocasións que ao final non subirían ao marcador. Salientar o "debut" de Vicky que volveu xogar despois de case cinco meses lesionada.

O próximo partido o cadro olívico viaxará a Coruña a enfrontarse ao Orzán, o partido será o próximo domingo día 13/03 /2011 ás 13:00 nos campos de "A Torre".

Olivo Novacaixagalicia 5
Gijón FF 0

Partido disputado no Municipal Pahiño de Navia o domingo, 6 de marzo de 2011.