Cristina Loureiro e Marta Canella continuarán no Celta Selmark

canella_LoureiroO RC. Celta - Bosco pechou nos últimos días as renovacións de Cristina Loureiro e Marta Canella como xogadoras de Celta Selmark para a tempada 2014/2015. Ambas as dúas cumprirán a súa sétima tempada no club onde chegaron en 2007, procedentes de Carmelitas Ourense e CB Baiona respectivamente.

O seu debut co primeiro equipo produciuse o 29 de Outubro de 2011 ante Mann Filter Zaragoza, na última campaña disputada en Liga feminina 1 e dende entón consolidáronse como integrantes do equipo.