Cabecera Vide

O Iveco Universidade rescata un punto bonus e mantén a segunda praza en Hernani

374img_7731Duro partido o que lle tocou xogar ao Iveco Universidade en Hernani con resultado final en contra de 19 a 14. Ao perder por menos de 8 puntos o conxunto vigués tróuxose un punto bonus.

Ao xogo ascendente do último tramo de tempada do novo equipo vasco e ante uns 500 espectadores, ao Iveco Universidade estalle a custar adaptarse aos distintos criterios arbitrais.

O partido comezou poñéndolle de cara ao Iveco Universidade xa que aos 5 minutos de xogo o xogador da selección española Carlos Blanco anotaba o primeiro ensaio do partido, que posteriormente transformaba a paus o hoxe centro Jon Arrizabalaga. O partido quedaba 0 a 7 a favor do Iveco Universidade. O conxunto visitante dominaba o xogo durante os primeiros minutos e tras unha xogada de touch chegou a primeira polémica do partido cando despois ser gañada por Vigo avanzouse ata a zona de marca local apoiando o balón pero o árbitro non corroborou a xogada e non convalidó o ensaio. Del posible 0 a 14 pasouse ao 7 a 7 mediada a metade da primeira parte tras un ensaio convertido do Hernani. Faltando 1 minuto para o final deste período chegou outra vez a aplicación pouco clara do regulamento no momento que Cameron Eyre ao placar a un xogador rival intenta recuperar o balón sen haber formación, pero o árbitro pita infracción e sen bin de 10 minutos ao xogador neozelandés do Iveco.

O segundo tempo comeza sen "Bubba" no campo o que aproveita Hernani para anotar 2 ensaios, un deles transformado polo que pasa adiante no marcador por 19 a 7. Un destes ensaios foi similar ao que non se lle concedeu ao Iveco Universidade no primeiro tempo, coa diferenza de que esta vez o árbitro corrobora o apoio do balón na zona de marca e o convalida. Unha vez regresado Cameron Eyre ao campo de xogo o conxunto vigués pasa a dominar o xogo polo que apoia un novo ensaio por medio de Joaquín Maguna, que volvía ao posto de apertura, con posterior conversión de Arrizabalaga. O partido estaba agora 19 a 14. Durante o último cuarto de hora o Iveco Universidade asediou ao Hernani no seu campo pero a excelente defensa, moitas veces ao límite do regulamento e confusas decisións arbitrais impediron a concreción de máis puntos. Resultado final 19 a 14, con bo xogo por parte de ambos os dous equipos, sabor amargo pola derrota e a vista posta agora no seguinte partido de liga ante o líder Getxo que visita Lagoas Marcosende o próximo domingo.

Noutros partidos da xornada Getxo empatou co FC Barcelona 15 a 15, Oviedo gañoulle a Uribealdea 28 a 6 e BUC gañoulle a Durango 30 a 26. O Iveco mantén a segunda posición. É líder Getxo con 38, séguelle Iveco con 31, Oviedo con 30, FC Barcelona con 29, Hernani con 23, Durango con 12, BUC con 10 e pecha Uribealdea con 4.

IVECO UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Adrián Fernández; Francisco Usero, José María Fernández ©; Agustín Bargiela, Juan Pablo Macedo, Cameron Eyre; Alberto Mera, Joaquín Maguna Lago, Jon Arrizabalaga, Carlos Blanco, Iker Arraztoa, Mauro González e Riki Tukaki.

Ingresaron: Gustavo Gainzarain e Carlos de Cabo

Hernani RT: Garikoitz Gago, Jon Apaolaza, Mikel Orbegozo, Joe Goiti, Arkaitz Otegi, David Pelaz, Ander Gutiérrez, Jon Otxotorena, Jon Zumalabe, Iaitz Garmendia, Iker Peña, Igor Etxeberría, Jokin Esnal, Ramuntxo Labat, Oier Garmendia.

Suplentes: Gorka Sarasola, Javier Seco Boli, Iñki Illarramendi, Aritz Illarramendi, Iñki Otxotorena, Arkaitz Ruiz de Garibay, Borja Rodríguez.

Árbitro: Vogas (Cataluña)

Campo: Landare Toki (Hernani)