Cabecera Vide

O Universidade de Vigo faise co terceiro posto tras impoñerse na final de consolación

final plano generalOs universitarios rematan terceiros tras empatar 3 a 3 co Alexandre Bóveda A, un resultado que lle deu o bronce aos de Vigo pola súa mellor clasificación na fase regular.

O título recaeu un ano máis no actual Campión de España de Clubs, o Marcote, tras impoñerse por 4.5 a 1.5 ao Círculo Ferrolán de Xadrez.

Marcador final de 3 a 3, nun encontro no que os protagonistas, novamente, foron os xogadores da canteira. Pablo González, Brais Otero e Avelino Leirós acadaron tres empates fronte a xogadores dunha puntuación moito maior na clasificación mundial.

Leirós mediuse ante a estrela dos coruñeses, o Gran Mestre iugoslavo Aleksa Strikovic e demostrou o salto de calidade que está a dar, xa que non lle deu opcións. Finalmente ofreceu un empate que representaba matematicamente a vitoria do equipo.

Pola parte dos Mestres, Diego Guerra empataba, Pablo García encaixaba a segunda derrota do ano e Roberto Paramos retomaba a senda da vitoria. 

Pola súa banda o Marcote non deixou lugar á sorpresa e derrotou con claridade o Círculo Ferrolán, erixíndose novamente coma o mellor Club de Galicia. O Gran Mestre galego Iván Salgado liderou un equipo no que non foron convocados a maioría dos xogadores da elite que nel militan, algo comprensible ante a diferenza existente entre os dous equipos.

Os encontros da “Final a catro” disputáronse no Centro de Educación López Mella de Lugo en apoio ao programa, recentemente aprobado pola Xunta de Galicia, “Xaque nas Aulas”, unha experiencia na que se achegará o xadrez a máis dun milleiro de escolares.

Os xogadores da Universidade de Vigo comezan agora a preparación das vindeiras citas, o Campionato Galego Absoluto do 16 ao 22 de abril e mailo Campionato de España de Seleccións Autonómicas do 28 de abril ao 2 de maio, unha proba na que xogadores como Roberto Paramos, Manuel Pena e Pablo García  defenderán as cores do equipo autonómico.

 
RESULTADOS. SEMIFINAL B

● División de Honra:

Rolda      “Universidade de Vigo”  3    “Alexandre Bóveda A”   3 
   Tab.1  Avelino Leirós Vila     0.5 Aleksa Strikovic      0.5
   Tab.2  Diego Guerra Bastida   0.5 Sergio Guerrero       0.5
   Tab.3  Roberto Páramos Domínguez 1  José Sande Edreira      0
   Tab.4  Pablo García Castro   0.5      Xosé Larrosa Vila         1
   Tab.5  Pablo González Roca   0.5  Cesar Beade Justo      0.5
   Tab.6  Brais Otero Nogueira   0.5  Jorge Rodríguez Guillen  0.5