A Copa do Rei de balonmán decide hoxe nas Travesas o novo campión

logocoparey2011balonmnA Copa do Rei decide hoxe domingo (20:00) o campión que tome a testemuña do último título acadado polo Barcelona.

Cuatro Rayas Valladolid e Renovalia Ciudad Real queren suceder ao conxunto azulgrana.

 

Na primeira cidade de Galicia que recibiu o torneo de Copa (1973, cando se denominaba Copa do Generalísimo), o Renovalia Cidade Real poderá alzarse hoxe domingo (20:00 horas, Teledeporte) coa tripla coroa copeira (gañar Copa do Rei, Copa Asobal e Supercopa Asobal nunha mesma tempada) ou ver como o Cuatro Rayas Valladolid volve levantar este título en Galicia, que xa gañou en 2005 precisamente ao Cidade Real en Pontevedra, evitando ademais naquela oportunidade outra tripla coroa do equipo ciudadrealeño.

Os dous equipos que accederon á final do pavillón das Travesas teñen a súa soleira neste torneo do K.O. O Cidade Real xogou sete das dez finais deste século, sendo esta a oitava en que se mete. Con dous títulos, acumula tanta ledicia como o BM. Valladolid, que proporcionalmente leva vantaxe. Os valisoletanos chegaran neste século a tres finais, gañando dúas. Esta será a súa cuarta finalísima para os vallisoletanos pola Copa do Rei, segunda en Galicia.

O Cidade Real levantou o trofeo nas tempadas 02/03 e 07/08 sempre contra o Barça; o Valladolid, nas 04/05 e 05/06 á conta de Barça e Cidade Real. En Almería, os casteláns gañaron 31-30 ao equipo que adestra Talant.

O que parece seguro é un gran ambiente nas bancadas. A afección vallisoletana estivo fantástica na semifinal ante o Barcelona e deixarase sentir no encontro de hoxe. A organización esperaba ademais que ao longo da xornada chegasen máis afeccionados desde Valladolid.

Gañe o Cidade Real ou o Valladolid, o vencedor sucederá ao Barcelona, que se impuxo en Antequera 2010 ao Reale Ademar de León, a final non repite protagonistas, e o equipo que gañe superará ao outro en número de títulos (levan dous cadanseu).