Cabecera Vide

Chano Rodríguez preparará en Tenerife e Berlín os Mundiais de natación, en Eindhoven en agosto

becachano1Sebastián "Chano" Rodríguez, bolseiro por VIDE este ano polos seus resultados en 2009 (dende 2003 recibiu xa catro bolsas Elite e unha bolsa Paralímpica), ten marcado no mapamundi tres lugares para os catro vindeiros meses.

 

Trátase de Santa Cruz de Tenerife, Berlín (Alemaña) e Eindhoven (Holanda), que neste momento para "Chano" son máis que tres cidades importantes.

O nadador paralímpico vigués xa ten decidido que en función dos seus resultados no XXIV Internacional de Alemaña, en xuño, e do que consiga nos Mundiais de Eindhoven, así preparará os Xogos Paralímpicos de Londres 2012. “O nivel cada vez é máis alto e está previsto que só nadarei as probas de 50 e 100 metros, non o 200”, explica o paralímpico galego. “A partires de Eindhoven xa non haberá nin un experimento e só traballar duro para Londres”, di Chano.

O vindeiro día 17 de maio, Chano irá concentrado con España a Canarias durante unha semana, do 17 ao 20 de xuño nadará no Europa Sportpark berlinés e en agosto buscará morder metal no fabuloso Estadio Acuático Pieter van den Hoogenband. A primeira edición dos Mundiais IPC tivo lugar na Valetta (Malta) en 1994 e se celebran cada catro anos. Os seguintes foron Christchurh (Nova Zelandia) en 1998, Mar de Prata 2002 (Arxentina) e Durban 2006 (Sudáfrica).

 

OS MUNDIAIS DE CHANO

Proba

Mar del Plata 2002

Durban 2006

50 m. libres

Ouro

Prata

100 m. libres

Ouro (Record)

200 m. libres

Ouro (Record)

Prata

4x50 m. libres

Ouro

Ouro

4x50 m. estilo

Ouro (Record)

Prata