Sebastián "Chano" Rodríguez, bolseiro por VIDE este ano polos seus resultados en 2009 (dende 2003 recibiu xa catro bolsas Elite e unha bolsa Paralímpica), ten marcado no mapamundi tres lugares para os catro vindeiros meses.
Trátase de Santa Cruz de Tenerife, Berlín (Alemaña) e Eindhoven (Holanda), que neste momento para "Chano" son máis que tres cidades importantes.
O nadador paralímpico vigués xa ten decidido que en función dos seus resultados no XXIV Internacional de Alemaña, en xuño, e do que consiga nos Mundiais de Eindhoven, así preparará os Xogos Paralímpicos de Londres 2012. “O nivel cada vez é máis alto e está previsto que só nadarei as probas de 50 e 100 metros, non o 200”, explica o paralímpico galego. “A partires de Eindhoven xa non haberá nin un experimento e só traballar duro para Londres”, di Chano.
O vindeiro día 17 de maio, Chano irá concentrado con España a Canarias durante unha semana, do 17 ao 20 de xuño nadará no Europa Sportpark berlinés e en agosto buscará morder metal no fabuloso Estadio Acuático Pieter van den Hoogenband. A primeira edición dos Mundiais IPC tivo lugar na Valetta (Malta) en 1994 e se celebran cada catro anos. Os seguintes foron Christchurh (Nova Zelandia) en 1998, Mar de Prata 2002 (Arxentina) e Durban 2006 (Sudáfrica).
OS MUNDIAIS DE CHANO
Proba |
Mar del Plata 2002 |
Durban 2006 |
50 m. libres |
Ouro |
Prata |
100 m. libres |
Ouro (Record) |
4º |
200 m. libres |
Ouro (Record) |
Prata |
4x50 m. libres |
Ouro |
Ouro |
4x50 m. estilo |
Ouro (Record) |
Prata |