VI xornada da liga galega de horseball 2011

hipicaO domingo día 8 de maio celebrarase nas instalacións do club hípico Cemar, en Mondaríz, a sexta e última xornada da liga galega de horseball 2011. Os partidos comezarán ás 12:00 horas e xogarase en horario ininterrompido ata as 16:30 horas, cando se realizará a entrega de trofeos os campións das distintas categorías.

Presenza nesta xornada do seleccionador español Jordi Serra e o coordinador xeral Juan Valencia, que xunto ao director técnico de Galicia e seleccionador Joao Fernandes, avaliarán a cada uns dos xogadores e xogadoras, co fin de preseleccionar a aquellos/as, que mellor condicións deportivas desenvolvan a lo longo da liga galega de horseball nas distintas categorias.

No deportivo, en primeira división falta por saber quen acompañará á Muralla de Vigo, que se proclamou campión a xornada pasada, ao campionato de España de clubs, Cex Santa Corda o Cabaleiros do Deza loita por esa praza. En segunda división, a Muralla Castrelos tamén ten asegurado matemáticamente o campionato. Na categoría cadetes, presenciaremos un partido moi rifado, no que os equipos do Cex de Santa Corda e a Muralla atlético dispútanse campionato. E para pechar a xornada disputarase o terceiro partido do I torneo de horseball categoría infantil, cos equipos da Muralla de Vigo e Cex Santa Comba.

Horarios dos encontros

Hora Equipo A Equipo B Categoría
12:00 LA MURALLA ATLETICO CEX SANTA COMBA Seniors 1ª
12:40 NATURMAZ TMR CORISTANCO HORSEBALL Seniors 2ª
13:20 CABALEIROS DO DEZA LA MURALLA DE VIGO Seniors 1ª
14:00 LA MURALLA CASTRELOS VIGO -HORSEBALL  Seniors 2ª
14:40 CEX SANTA COMBA LA MURALLA ATLETICO Cadetes
15:20 LA MURALLA DE VIGO CABALEIROS DO SALNÉS Cadetes
16:00 LA MURALLA DE VIGO CEX SANTA COMBA Infantiles