O programa Siareiros Elite supera xa as e os 3.000 soci@s, o mellor resultado dos últimos anos

alcaldecarneO programa Siareiros Elite superou hoxe os 3.000 socios e socias, uns 400 máis que a tempada pasada. É o mellor resultado dos últimos anos.

A cifra, significativa, resulta importante porque a barreira dos tres milleiros de abonados ao grupo de equipos de primeira categoría resistíase nas últimas tempadas, pero nesta última semana o incremento de abonados foi sensible.

Dende a Presidencia de VIDE, que corresponde ao concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, valórase este esforzo e recórdase aos clubs que o seu interrelación coa cidadanía é básica tanto para o afianzamento social da súa proposta deportiva como para conseguir uns ingresos importantes. De feito, a venda de carnés permite aos clubs ter unha indubidable liquidez ao comezo da competición.

Como cada ano, o motor principal do programa é a afección do Octavio, que se achega aos 1.300 seguidores, mentres que o segundo equipo en termos numéricos é o Celta Bosco, que ademais esta tempada subiu substancialmente a súa masa social e rolda os 600 fieis xusto cando a mocidade e o axuste orzamentario marcaron o verán.

Os clubs aínda seguen a facer Siareir@s. de feito, o Xuvenil de Teis (voleibol) ou o Vigo Stick (hóckey a patíns) aínda non comezaron o seu campionato.