Cabecera Vide

O equipo infantil masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia clasificado para o Campionato de España de Clubs

seis_nadalO equipo Infantil Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participaba na Liga 1ª División Infantil Masculina, conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebrará en Cambados do 15 ao 21 de xuño e no que participarán 32 equipos de toda España.

O equipo, Golosinas Meloso Seis do Nadal, rematou en terceira posición a Liga 1ª División Infantil Masculina 2013/2014 da Federación Galega de Baloncesto, posición que lle garante a participación no Campionato de España. En primeira posición e co título de campión galego rematou Carballo Bákset; sendo o segundo clasificado o equipo de Insituto Rosalía (Santiago de Compostela). Estes tres equipos serán os representantes galegos no Campionato de España de Clubs Infantil Masculino desta tempada.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será a terceira vez que participe nun Campionato de España de Clubs en toda a súa historia. A primeira vez foi na tempada 2009/2010 no Campionato de España, tamén, Infantil Masculino que se celebrou en Vegadeo e a segunda vez foi no Campionato de España Cadete Feminino que se celebrou en Zaragoza na tempada 2011/2012.

O sorteo do calendario do Campionato de España será o próximo martes día 3 de xuño, data en que o combinado adestrado e dirixido por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez coñecerá os equipos contra os que xogará na primeira fase de Grupos do Campionato.