6º campus de inverno 2010 "xornadas de tecnificación" baloncesto Seis do Nadal

carteldec2010O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas vacacións de Nadal a Sexta Edición do Campus de Inverno 2010 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volver a celebrar estas xornadas de perfeccionamento técnico.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

A Sexta Edición do Campus de Inverno 2010 se celebrará os días 27, 28, 29 e 30 de decembro do 2010 nos Colexios Seis do Nadal e Illas Cíes entre as 10:30 e as 13:30 horas.

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, de categoría benxamín (nados no ano 2003) ata categoría júnior (nados no ano 1993).

O prezo deste campus é de 30 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45 euros para deportistas doutros clubs.

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2010 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 24 de decembro do 2010, ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ao fax 986227275.

Folla de inscrición (19.41 kB)