O equipo infantil masculino "A" clasificado para a liga FGB infantil masculina 2009/2010
O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Diego Montenegro, logrou a clasificación directa para a Liga FGB Infantil Masculina da presente tempada 2009/2010.
O conxunto vigués xogou a Fase de Apertura da Liga FGB encadrado no Grupo "B" xunto a B.C.A. Riazor (A Coruña), Estudiantes Lugo (Lugo) e Canteiras "A" (O Porriño).
Despois do último encontro desta primeira fase disputado a pasada fin de semana, o Infantil Masculino "A" conseguía o primeiro posto do grupo, posto que lle garantía unha praza directa na Liga FGB.
Nesta Liga FGB 2009/2010 de categoría Infantil Masculina participarán os catro equipos clasificados nos dous primeiros postos dos Grupos "A" e "B" da Fase de Apertura, máis os seis equipos gañadores dos cruces da Fase de Cruzamentos Clasificatorios.
Os equipos clasificados directamente para esta competición autonómica son o Seis do Nadal "A" (Vigo), B.C.A. Riazor (A Coruña), Ferro CB (Ferrol) e Caixanova Rosalía (Santiago).
Esta nova competición comezará a próxima fin de semana do 22 de novembro do 2009, sendo o sorteo do calendario o día 3 de novembro.
O equipo infantil feminino "A" clasificado para a liga fgb infantil feminina 2009/2010
O conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, conseguiu a clasificación directa para a Liga FGB Infantil Feminina da presente tempada 2009/2010.
Os vigueses xogaron a Fase de Apertura da Liga FGB encadrado no Grupo "B" xunto a Cortegada (Vilagarcía), Arxil (Pontevedra) e R.C. Celta Maristas Caixanova (Vigo).
Despois do último encontro desta primeira fase disputado a pasada fin de semana, o Infantil Feminino "A" finalizaba na segunda posición do grupo, posto que lle garantía unha praza directa na Liga FGB.
Nesta Liga FGB 2009/2010 de cateogría Infantil Feminina participarán os catro equipos clasificados nos dous primeiros postos dos Grupos "A" e "B" da Fase de Apertura, máis os seis equipos gañadores dos cruces da Fase de Cruzamentos Clasificatorios.
Os equipos clasificados directamente para esta competición autonómica son o Seis do Nadal "A" (Vigo), Cortegada (Vilagarcía), Cía Vigo "A" (Vigo) e Pontumio (Pontedeume).
Esta nova competición comezará a próxima fin de semana do 22 de novembro do 2009, sendo o sorteo do calendario o día 3 de novembro.