Dous xogadores do Rachaplumas participaron en Getafe na concentración nacional do programa "Se busca campeón"

Do 21 ao 25 de maio, dous xogadores do Club Bádminton Rachaplumas, Jacobo Fernández e Gabriel Fernández xunto ao técnico do club, Juan Fernández, participaron na concentración nacional de Bádminton do programa Se Busca Campeón. Catro días intensos de traballo para mellorar a súa técnica cos mellores xogadores nacionais sub-13 e técnicos do programa e responsables da Federación Española de Bádminton.