Cabecera Vide

Festa fin de tempada do baloncesto vigués

clubamcartelO Club de Baloncesto Vigo AM, conxuntamente co RC Celta de Vigo de baloncesto feminino e a Universidade de Vigo, organizan o próximo 30 de maio a II Festa do baloncesto vigués como colofón á tempada en curso. Este acto de clausura da tempada celebrarase nas instalacións deportivas do Campus Universitario de Vigo a partir das 11 do mediodía alongando a xornada ata as 20 h.

A xornada lúdico festiva contará dende primeiras horas da mañá con xogos, concursos e competicións para todas as idades.

A comida, se o tempo o permite, realizarase nas zonas anexas ao pavillón e proporcionásena os compoñentes do primeiro equipo arredor das 14:30 h. e vai incluída dentro do prezo, conxuntamente coa merenda e a participación nos torneos. Todo por tan só 10 euros por persoa. Este ano inclúe unha entrada familiar, máis de tres membros, entrando gratis a partir do cuarto.

As bases dos torneos están publicadas na páxina web www.cbvigoam.es

Para anotarse hai que enviar un e-mail cos datos persoais á direccióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar aos números de teléfono 645993131/678790167.