Cabecera Vide

O colexio A Dobrada rematou subcampión no torneo de béisbol intercolexial de Galicia

Esta fin de semana celebrouse o torneo anual de intercolexiais de Galicia na cidade de Lugo na especialidade de béisbol; na cal o colexio de A Dobrada quen representou a Vigo, despois de perder o seu primeiro encontro contra o colexio de Lume, gañou o seu segundo encontro.

O rival foi o equipo do colexio de Cambre nun emocionante partido que de principio a fin se mostrou parello por ambos os dous lados, tanto foi así que ata a última entrada foi que se decidiu o gañador, xa que o partido rematou 14 anotacións por 13 a favor do colexio de Vigo.

Na última entrada a defensa de A dobrada mostrouse impecable para eliminar a todos os bateadores dos seus contrarios sen ningún problema. Cabe destacar a actuación tanto á ofensiva coma á defensiva do alumno Sebastián De Matteis quen levou o trofeo do xogador máis valioso por parte do Colexio de Vigo.

Unha vez máis a vai o grande labor que está a facer o Club Halcones de Vigo polo béisbol nas nosas escolas galegas.