Cabecera Vide

Balaídos acollerá en setembro o Campionato de España para seleccións autonómicas de squash

dafonteO Vigo Squash organizará do 10 ao 12 de setembro o Campionato de España de seleccións autonómicas.

A Real Federación Española de Squash confirmouno no seu calendario oficial e o club que preside Carlos Dafonte organizará, como cada ano, un gran evento do calendario estatal.

As probas anuais de carácter nacional máis importantes son o Campionato de España individual, a Copa de España individual, o Campionato de España de clubs e o Campionato de España por Autonomías.

O Estatal individual xogouse en abril en Valencia, o evento por equipos está previsto do 4 ao 6 de xuño en Santa Cristina de Aro (Xirona) e a Copa de España, en León (15-17 de outubro). Balaídos será o escenario do campionato, no que Galicia foi subcampioa, masculina e feminina, o ano pasado en Valencia.

María Dafonte. Mentres, o club segue sumando éxitos e nos Campionatos de España sub 23, no Palacio dos Deportes en Xixón, houbo un cuarto posto para Adán López (Vigo Squash), que perdeu o bronce diante de Carlos Cormes (Squash Santiago), e unha prata para a viguesa do Vigo Squash María Dafonte (na imaxe que apoia esta noticia), que caeu na final fronte a Sara Esperón (Squash Pontevedra).