Cabecera Vide

Novo éxito do Bosco, co Celta Maristas Caixanova clasificado para o Estatal cadete de baloncesto

cadetesO Celta Maristas Caixanova clasificouse este domingo por segundo ano consecutivo para a fase final do Campionato de España cadete feminino de baloncesto, que se xogará en Agüimes (Gran Canaria) do 8 ao 13 de xuño.

 

O conxunto que adestra Carlos Colinas obtivo o seu pase, a fin de semana no intersector de Salamanca (pavillón Würzburg), de forma brillante, pois na liguiña clasificatoria venceu ao Ponce de León (58-64), Compañía de María de Vigo (38-54) e Basket Mar Covadonga de Xixón (73-39). A Compañía de María de Vigo non puido meterse nas finais para completar o éxito dos clubs vigueses. Unha mágoa. Como primeiras de grupo, as de Colinas xogáronse o billete para Canarias ante o Fodeba xixonés... e gañaron (56-52). Esta tempada, as celestes adxudicáronse a Liga Galega (17 vitorias e unha derrota) e só perderon un partido (en casa ante Pontumio, 60-64 na primeira xornada, o 15 de novembro).

Estatística celta - fodeba (72.87 kB)

Clasificados para Canarias. Fase interautonómica Centro: Cref Hola Alameda de Osuna e Asefa Estudiantes. Fase Interautonómica Norte: Celta Maristas Caixanova e Halcón Viajes "A". Fase Interautonómina Sur: Uni CajaCanarias, Presentación de Málaga, CB Marbella e Gran Canaria 2014 La Caja de Canarias (organizador). Fase Interautonómina Leste: Cataluña CBF Sarria, Platges de Mataró, Stadium Casablanca "A" e Femení Sant Adriá.