Todas as finais da Vigo Cup 2010 de fútbol base xogaranse no estadio municipal de Balaídos

estadioA directora xerente da Fundación Vigo en Deporte, Laura Magdalena, avanzou durante a presentación da Memoria VIDE 2009 que por vez primeira na historia da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base que se disputa dende 2001, todas as finais xogaranse no estadio municipal de Balaídos.

Ata agora, e non todos os anos, o estadio recibía as finais sub 14 e sub 16 de fútbol 11, mentres que as demais disputábanse no IMD de Samil (e ata no campo do Coruxo, O Vao).

Agora, a organización, co visto e prace da Fundación Celta de Vigo, decidiu que todas as finais, tanto as de fútbol 7 (sub 7, sub 8, sub 10, sub 16 feminino e damas) como as de fútbol (sub 14 e sub 16), se xoguen no céspede do coliseo vigués, o que dará unha sona inusitada á xornada. A Vigo Cup, con preto de 3.000 participantes cada ano e que entra na súa décima edición, encherá de cor Balaídos na derradeira xornada, o 4 de xullo.