Os e as mellores da patinaxe de velocidade estatal cítanse por primeira vez na historia nas Travesas

xabierPor vez primeira na historia Vigo (e Galicia) recibirá esta fin de semana o Campionato de España de patinaxe de velocidade en circuíto, unha modalidade “descoñecida na cidade pero que é espectacular”, explicaba Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, durante a presentación do evento ante os medios de comunicación de Vigo.

O presidente da Fundación VIDE, onde tivo lugar a rolda de prensa, viviu esta modalidade cando nos seus anos mozos estudaba en Tarragona. Cataluña, Asturias e Navarra son potencias neste deporte.

A pista que circunda o campo de fútbol das Travesas será escenario do evento. O circuito, a coñecida por pista de rodadura, ten unha corda de 328 metros e un chan de asfalto. Este venres será a xornada de adestramentos, e sábado e domingo, a competición.

Para o concelleiro, a proba “é unha aposta máis desta Concellería polas competicións de nivel”, mentres que Enrique Urdiales e Julio Sáenz, polo comité organizador e a Federación Galega de Patinaxe, aplaudiron “o esforzo que fan o Concello e o IMD para poder adaptar a pista ás necesidades da patinaxe de velocidade”. O circuíto está xa adaptado a esta modalidade coas medidas de seguridade aplicadas e as protección necesarias grazas tamén ao traballo do persoal do Instituto Municipal dos Deportes.

Hai un total de 32 club inscritos de oito comunidades autónomas e 138 participantes (51 mulleres). O sábado arrincarán as probas ás 10.00 horas da mañá coa proba de Master Masculino e unha distancia de 15.000 metros Puntuación. Tras ela chegará o momento da proba de velocidade cos 300 metros Contra Reloxo para Júnior e Sénior, feminino e masculino. Nada máis rematar estas carreiras de contra reloxo celebrarase a entrega de medallas da proba de master e dos 300 metros. A categoría Master entra por vez primeira en xogo nuns campionatos estatais.

sheilaoneXa polo serán en dende as 16.00 horas as probas continuarán coas carreiras de eliminación para Júnior e Sénior, con distancias de 15.000 metros para feminino e 20.000 metros para masculino. A categoría Master volverá ter representación en masculino coa proba de 10.000 metros Liña, mentres que para pechar a segunda xornada celebraranse as series de 5.000 metros Substitucións para Absoluto Feminino e Masculino e a entrega das medallas para todas as finais da segunda xornada.

O domingo chegará o momento de que se celebre a terceira e última xornada deste Campionato de España coas probas de 500 metros Sprint, series, semifinais e finais para júnior e sénior. Tras as carreiras de sprint será tempo das competicións de puntuación cos 10.000 metros para júnior e sénior e para pechar as finais das probas de relevos.

cartelpatinEn Vigo competirán os e as mellores. Na lista de inscricións figura a a tetracampioa de España 2009 Sheila Posada (CD Pelayo), que arrasou en Vitoria, e tamén os campións estatais do ano pasado, Íñigo Vidondo (El Pilar Marianistas, 20.000 Eliminación), Ronan Sánchez (Calzada Tejanort, 500 Sprint), Joseba Fernández (Patín Cobra El Prat, Contra Reloxo) e Patxi Peula (El Pilar Marianistas, 10.000 Persecución). Peula leva tres anos seguidos vencendo en 10.000. Ademais figura Mikel Alzueta (Amaya), que no 2008 levárase en Xixón dous ouros (Contra Reloxo e 500 Sprint) e Saioa Elzaburu (San Juan), pentacampioa en Xixón 2007 e que en 2006, tamén no circuíto das Mestas, gañara a Contra Reloxo.

Inscritos Vigo 2010 (1.44 MB)

Clubs Vigo 2010 (191.74 kB)

Programa horarios (122.86 kB)

Normas categoría máster (49.87 kB)