Carlos Domínguez di que a súa vitoria amosa o nivel de "Iberconsa Rapid", co que espera saltar na ETEA

escharliFin a un ano en branco para Carlos Domínguez. Gañou o domingo o Concurso Nacional de Saltos de dúas estrelas IX Memorial Santiago Pérez-Seoane, no complexo deportivo do RACE en Madrid, e rachou cunha quenda de resultados discretos ao teren mancados aos seus mellores cabalos.

Pero agora, con "Iberconsa Rapid", o seu equino de Copa do Mundo, é outra historia. Onte nunha proba baremo 2 Mangas e dotada con 9.100 euros en premios (3.000 para o campión), tomaron parte 69 conxuntos. E gañou a dezaoito nun fantástico desempate.

"Estou moi ledo porque o cabalo está en forma e fixemos un percorrido limpo e moi rápido, con "Iberconsa Rapid" pasando moi preto dos saltos sen perder tempo", aseguraba Domínguez, feliz polo resultado. O xinete vigués, do Equipo Ecuestre Iberconsa, levaba dende 2009 sen gañar unha competición de calquera tipo ao estar sen "Iberconsa Rapid" e "Iberconsa Acorada" case dende principios dese ano.

"Este é o terceiro concurso que fai o cabalo; gañamos un concurso de nivel nacional moi bo, de feito é o Nacional dúas estrelas de maior dotación económica". Na primeira proba, o vigués pasou á final nun empate sen penalización entre 19 cabalos ("unha barbaridade", di), e o seu tempo foi o décimo quinto. Saíu coñecendo os resultados de case todos os seus rivais e non fallou no segundo percorrido. Agora o obxectivo é Casas Novas (xullo), onde saltará as medianas internacionais, para, aos poucos, ir subindo a altura co fin de estar no Concurso vigués, a fins de xullo na ETEA. "Estou feliz porque hai uns meses pensaba que o cabalo non volvería competir", lembra. Agora "necesita ir collendo altura" porque "aínda me faltan uns centímetros para que poida voltar saltar competicións do maís alto nivel", apunta Carlos.

No programa oficial houbo doce probas ao longo de tres días (de venres a domingo) e o xinete vigués tamén levou no trailer a Madrid a "Iberconsa Dewellie CZ", que xa causara sensación en Portugal. "Ten un futuro impresionante e en Madrid acabou todas as probas sen derrubos", explica Carlos Domínguez.

Clasificación da proba (87 kB)