Dani Cerqueira, nova fichaxe do Pilotes, aposta pola defensa para gañar

1pilottO Pilotes Posada presentou á súa nova fichaxe, Dani Cerqueira, procedente do Rosal, e anunciou a saída de Juan Rentero, a quen o pasado día 14 presentara como xogador académico para as dúas vindeiras tempadas.

O club vigués da División de Honra B de balonmán asinou por unha tempada a Cerqueira, pivote de 25 anos e 1,88 de estatura. "É unha aposta importante que fixo un temporadón", sinalou Javier Rodríguez sobre o xogador do Novás.

Quique Domínguez, adestrador do Pilotes, desvelou o porqué da fichaxe de quen antes xogaba de lateral. "O meu amigo "Jota" -ndlr, o técnico do Novás- decidiu hai dous anos reconvertelo en pivote e foi unha decisión acertada". Para el, Cerqueira fará "un traballo que pasa inadvertido, escuro pero moi valioso". Domínguez apuntou que o galego ten "un perfil similar ao de Crevatín, pero ten moito que demostrar".

O xogador, que estes días participou xa no campus polideportivo de VIDE no que o Pilotes é un dos clubs que achega adestradores e monitores, asegurou que "esta é das oportunidades que se non colles pódesche arrepentir". Segundo el, a súa presenza no Pilotes daralle "gran experiencia e aprendizaxe". E aposta pola "defensa" para loitar polos postos altos da táboa clasificatoria.