Grande actuación do Vigo 2015

Grande actuación dos equipos E.D.VIGO2015 no II Torneo Nacional Cidade de Toledo, o equipo alevín finalizou o torneo como 3º clasificado despois de empatar a puntos co Don Benito e non pasar á final por coeficiente de goles.

Pola súa parte o equipo de infantís quedou Subcampión do Torneo despois de eliminar a equipos do talle do Caceres2016, Cidade de Toledo e El Pinar de Murcia, xogando a final contra o Valencia F.S. ao descanso da primeira parte chegouse co resultado de 3-3 e na 2º parte o cansazo fixo mella no equipo quedando finalmente 7-5. En alevín Samuel levou o torneo ao mellor porteiro e en infantís Xian ao mellor xogador.