O Campionato Galego absoluto de tenis xa entra este venres na fase de semifinais en Samil

samilJulia Carballal fronte a Eva Vilar e Paula Álvarez fronte a Andrea Retolaza protagonizarán mañá venres as semifinais do cadro principal da proba feminina do LXXI Campionato Galego Absoluto, o I Memorial Antonio Santorio.

A viguesa Julia Carballal gañou á tamén viguesa Noemí Novo, cabeza de serie número 1, por 6-1 e 6-1, Eva Vilar, de Baiona, superou á coruñesa Natalia Galán por 7-5, 6-3. Pola parte de abaixo do cadro a pontevedresa Paula Álvarez non tivo ningunha dificultade en vencer á recente número 1 do ranking galego, Diana Martínez. Pola súa banda Andrea Retolaza batía a Arianna Paules (6-4 e 6-4).

Na proba masculina, o favorito Miguel Casal, que defende o título, enfrontarase mañá venres ao coruñés Rodrigo Figueroa. Miguel vencía na pista central do Complexo Deportivo de Samil a Jaime Vázquez por 6-4 e 6-3; Rodri, nesa mesma pista, venceu a Juan Barciela por 6-3 e 6-1. Polo outro lado do cadro, Jorge Vázquez gañou a Cristián González por 4-6. 7-6 (1) e 6-4.