O Olivo de esgrima apunta a Europa

olivo_esgrimaA Federación Española de Esgrima, convocou por primeira vez na historia do Club de Esgrima El Olivo de Vigo, a tiradores e tiradores, en tres categorías diferentes, sénior, júnior e cadete, para representar a España en tres cidades de Europa, en tres probas internacionais, na modalidade de florete.

As competicións desenvolveranse entre os días 30 de Novembro e 08 de Decembro de 2013.

CONVOCADOS

Categoría sénior - Ranking Nacional Alemán Absoluto - 5 ao 8 de Decembro 2013, Mochbazh - Alemaña:

▪ María Mariño Blanco: Naceu en Madrid, o 31/01/1993. Estuda terceiro de Psicoloxía, na Universidad Complutense de Madrid, e realiza os adestramentos no C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), de Madrid. En dúas sesións diarias. Participou en 170 competicións, dende os 10 anos de idade. Tiradora de elite titular do Equipo Nacional absoluto de esgrima. Actualmente é campioa de España absoluta e júnior individual, tamén o é por equipos. Foi campiona de España en todas as categorías. No ano 2012 foi subcampiona nacional absoluta e campioa de España por equipos. Subiu 106 veces ao podio (59 ouros, 24 pratas e 23 bronces). Foi 35 veces internacional. Mellor deportista de Galicia de esgrima ano 2011-12. Mellor deportista de esgrima de Vigo e a súa Bisbarra anos 2003-04-05-06-07-08-10-11. Mellor deportista Feminina de Esgrima de Galicia anos 2003-05-07

▪ Irene Romero Román: Naceu en Madrid, o 12/12/1992. Estuda cuarto de I.N.E.F., na Universidad Politécnica de Madrid. Realiza os adestramentos no C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), de Madrid, en dúas sesións diarias. Participou en 137 competicións dende os 12 anos de idade. Tiradora de elite titular do Equipo Nacional absoluto de esgrima. Actualmente é subcampioa de España absoluta individual e campioa nacional absoluta por equipos. No ano 2012 foi campioa nacional absoluta e campioa por equipos. Subiu 59 veces ao podio (18 ouros, 23 pratas e 18 bronces). Foi 15 veces internacional. Mellor deportista de Galicia de esgrima ano 2011-12. Mellor deportista de esgrima de Vigo e a súa Bisbarra anos 2006, 2009 e 2012. Mellor deportista de florete absoluto de Galicia ano 2011-12. Mellor deportista de Pontevedra.

Categoría Júnior - Copa do Mundo Júnior - 29 e 30 de Novembro de 2013, Bochum - Alemaña:

▪ Judith Rodríguez Menéndez: Naceu en Vigo, o 11/09/1995. Estuda primeiro de I.N.E.F. na Universidade de Pontevedra. E realiza os adestramentos no Club Olivo de Vigo, nunha sesión diaria. Participou en 161 competicións, dende os 9 anos de idade. Tiradora de elite titular do equipo nacional júnior. Actualmente é subcampioa do ranking nacional júnior. Campioa de España por equipos absoluto. Foi campioa de España cadete no ano 2012. Subiu 81 veces ao podio (34 ouros, 21 pratas e 26 bronces). Foi 22 veces internacional. Mellor deportista promesa feminina da provincia de Pontevedra ano 2012. Mellor deportista de florete júnior de Galicia 2011-12. Mellor deportista de esgrima de Vigo e a súa bisbarra ano 2012.

Categoría Cadete- 11 Copa do Mundo -5 ao 8 de Decembro de 2013, Cabries - Francia:

▪ Laura Caballero Fontela: Naceu en Vigo, o 02/09/1997. Estuda primeiro de Bachiller en Vigo. E realiza os adestramentos no Club Olivo de Vigo, nunha sesión diaria. Participou en 85 competicións, dende os 14 anos de idade. Tiradora de elite titular do equipo nacional cadete. Actualmente é terceira no ranking nacional cadete. É campioa de España por equipos absoluto. Foi Campión de España Infantil no ano 2012. Subiu 41 veces ao podio (10 ouros, 19 prlatas e 12 bronces). Foi 7 veces internacional.

Pedro Otero López: Naceu en Monforte de Lemos (Lugo), o día 15/05/1997. Estuda primeiro de Bachiller en Vigo. E realiza os adestramentos no Club Olivo de Vigo, en catro sesións semanais. Participou en 73 competicións, dende os 9 anos de idade. Tirador de nivel no ranking nacional cadete e júnior. Actualmente é segundo no ranking nacional cadete. É subcampioa de España por equipos infantil ano 2013, e terceiro de España por equipos cadete ano 2013.
Subiu 31 veces ao podio (11 ouros, 8 pratas e 13 bronces). Foi 7 veces internacional. Mellor deportista de florete júnior de Galicia ano 2012.

Borja Méndez Sánchez: Naceu en Vigo, o 19/05/1998. Estuda Cuarto da E.S.O. en Vigo. E realiza os adestramentos no Club Olivo de Vigo, en catro sesións semanais. Borja Méndez, participou en 77 competicións, dende os 9 anos de idade. Tirador de Nivel no ranking nacional cadete e júnior. Actualmente é terceiro no Campionato de España cadete 2012-13. É Subcampión de España por equipos Infantil ano 2013, e terceiro de España por Equipos cadete ano 2013. Subiu 25 veces ao podio (4 ouros, 9 pratas e 12 bronces). Foi 5 veces internacional.

En cadetes tamén os acompañará María Fontela Fernández, nai de Laura Caballero, a cal se desprazará a Cabries - Francia, en calidade de Delegada do Club.

Ademais de representar a España a título individual, algún dos tiradores do Club serán compoñentes do Equipo Nacional:

EQUIPO NACIONAL FEMENINIO
Laura Caballero (Club Olivo de Vigo), Mariñar Ojeda e Cristina García (Sala de Armas de Montjuit de Barcelona).

EQUIPO NACIONAL MASCULINO
Luís Delbergue (Club Cardeal Cisneros de Madrid), Borja Méndez e Pedro Otero (Club Olivo de Vigo).