O Olivo continúa invicto

Nova vitoria do Olivo de fútbol feminino e xa van once, esta vez en terras charras ante o Salamanca por 1-2. O cadro local adiantouse no marcador pero grazas á boa actuación de Carla e Anair lograron a remontada e as viguesas traense a casa os puntos que lle permiten seguir de líderes na táboa.

A próxima xornada, o domingo 15 de decembro, derbi vigués no Municipal Pahíño, o Olivo recibe ao Sárdoma C.F. ás 12 h.